[Enero de 1999 - Texto en idioma gallego]

Pequeos paises, identidade e procesos interculturais

(2.504 palabras - 5 páginas)

Dra. Margarita Ledo Andión ©

Catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Santiago da Compostela, USC

 

Se ollamos dende o cimno a paisaxe global do que chamamos Media o primeiro que tal vez observemos é o aumento de canles disponíbeis no espacio europeo, un aumento que se multiplicou por tres dende os anos 80, a década na que se vai transformar o modelo de televisión pública estatal. Esta vista de páxaro amósanos, tamén, como relevante o desenrolo das infraestructuras vencelladas á transmisión vía satélite e anúncianos a converxencia tecnolóxica que unirán o PC a TV e as Telecomunicacións en pós dun novo tipo de relación interactiva para que pasen os novos servicios que e onde radicará o valor engadido -as ganancias- da oferta multimedia que segue a nuclear a televisión. Unha televisión con outras formas de acceso diferentes a premer o botón ou zapear sen outro custo directo que o do tempo e a electricidade, unha televisión pola que haberá, puntualmente, que pagar. As audiencias iránse dividindo, díse. Haberá tantos tipos de audiencia como variacións temáticas e modos de uso da túa terminal. Chegaremos a tocar a self-made tv. Andaremos co label audiencia singular por entre unha oferta singular. E por entre esta oferta singular poderemos escoller aquela que nuns casos se presenta coa marca de "proximidade", noutros casos sob o de identidade, que ten que ver, para nós, coa identidade nacional.

Imos pois a tratar da Identidade como parte do interés público, que é o mesmo que dicer como primeira responsabilidade das canles de propiedade pública, das canles que se xustifican pola súa resposta acertada ou errada- á necesidade de establecer ese tecido social encol do que se definirá e se vai construindo a representación identitaria, aquelo no que te diferencias e a partir do que poderás te relacionar cos máis.

Falo de Identidade e sentido de apertenza nacional, de Identidade e vencerlo social e cultural e falo destas nocións quase que transcribindo as verbas que adoito escoltamos dende os responsabeis da máis prestixiada das canles públicas europeas, a BBC, que asiste a un ataque pencho a propósito do seu sistema de financiamento -no seu caso as taxas- en canto se lle acusa, por parte das privadas, de transgredir as regras da competencia ao xogar coas costas recubertas polo diñeiro cidadán e a pesares, afírmase, da negativa cidadán.

Tempos completos, tempos interesantes para esta parella Identidade/Televisión Pública, na nosa escolla televisión xeneralista de acceso universal, que segundo indicadores diversos seguirá representando arredor do 60 por cento do mercado televisivo europeo e que nos exime, neste momento, de introducir variabeis como o pago por televisión nas públicas, servicios como o tele-comercio ou as ofertas temáticas que se están artellando mesmo dende territorios sen estado como é o caso catalán.

Para continuar co tema dos "Pequenos Países" -fronte dos países dominantes, sen que o tamaño teña que ser unha deteminante- e a súa relación coa posta en solfa dos contidos identitarios, temos que situarmos da banda dos programas, e da súa contribución á diversidade, no binomio que se establece entre converxencia tecnolóxica e competitividade, entre concentración de poder e posibilidades efectivas de circulación e de exhibición de productos específicos, no caso que nos ocupa, productos con referentes identitarios que nos conducen, de seu, ao eido da Cultura e non, en exclusiva, ao ámbeto da Economía; que nos remiten a un suxeito colectivo, á notaciónde cidadanía e non soamente ás funcións de consumidor. Productos que anque fan visíbel a Identidade fánnola entender como parte do activo dunha sociedade plural, como elemento democrático que contradice, ou axuda a que se localice a distorsión tan pensada de situar no mercado o espacio do interés político, ou sexa, das expresións de clase, de xénero, de libertades nacionais.

Por historia, na súas orixes como un atributo da Modemidade, con 150 anos de proceso continuado e material, no caso de Galicia existe algo tan recoñecíbel como a lingua, como as produccións en lingua galega, para que poidamos facer xirar ao seu redor as categorías de análise coas que no achegamos a un fenómeno necesesario como o da Identidade.

Cuestións tecnolóxicas, por unha banda, cuestións que están da nosa banda segundo o plantexamento que tenciono facer, e cuestións institucionais e regulamentares, cuestións económicas e cuestións que afectan á política cultural co seu albo nos contidos e, sobramaneira, en procurar definir estructuras -fórmulas máis ou menos estábeis- dende outros parámetros no eido da producción e da distribución únense no tratamento do tan traído e levado problema da Exclusión, únense para sentar as bases conflictivas e ricaces da Europa "mosaico de linguas e culturas", da diversidade como garantía dos dereitos públicos e como posibilidade para facer medrar a aposta, para entrar nos matices da sempre perseguida rendabilidade, é dicer, competitividade comercial.

De seguro que cando en setembre do 98 asistamos ao informe europeo a prol dos contidos, en defensa do interés público e avaliando o rol das institucións na paisaxe mediática e na sociedade da información, estaremos diante do documento máis importante de cantos afimaron a inexcusabilidade da multiversión lingüística para a producción, ou a urxencia en aprofundar na iinaxe de marca, en como recoñecemos o Made in Europa, ou nas medidas que cómpren para reinventar formas de coproducción. Será, sen dúbida, un primeiro balance para o que xa preconizaba o Media II e que no protocolo de Amsterdam, adoptado polo Consello de Europa este 17 de xunio do 1997, ven considerar a radiodifusión de servicio público directamente vinculado ás necesidades democráticas, sociais e culturais de cada sociedade -estou a citar literalmente- e á necesidade de presenvar o pluralismo nos Media.

Por iso avantei que tiñamos a favor a política e a tecnoloxía. E cada vez é máis certo que non existe un mercado único europeo para o audiovisual, que existen mercados e que se impón a procura de modos distintos de-cooperación tal e como no seu intre, un concepto tan real, pero que aparecía como pouco realista, o da "excepción cultural" flxonos incluir na producción simbólica variantes como a do dereito á diferencia e comezar a falarmos da Identidade na area da industria audiovisual.

A día de hoxe temos solucións máis ou menos contrastadas que xunguen a idea de servicio público coa de información. De cara as novas formas de consumo, pero en especial aos contidos identitarios como modalidade singular, coido que convén incidir precisamente no entretemento e nas ofertas ficcionais. No imaxinario como constitutivo do mercado, nesa construcción que fai posíbel a empatía, a emoción e a participación.

Vou poñer un exemplo breve dende a nosa pequena trastenda, dende a paquetería dun programa que se destina ao público infantil e xuvenil é que ten como bandeira o Clube Xabarín, un Clube que supera en número aos socios do Compos, do Celta e do Depor, 75.000 persoas, un espacio que tén xenerado producción musical, catro CD, e que incorporan a un dos nosos debuxantes de Comic máis internacional, a Miguelanxo Prado, para a serie de 13 episodios Os Vixiantes do Camiño, unha serie que se emitirá no 1999 e que xa conta cun DEMO, cunha cinta promocionar de presentación en galego-inglés. Para que non fiquemos só no momento da realización, para que esta serie se sitúe nos circuitos de contratación e de exhibición. Entendo que este comportamento indícanos que se está a transformar a cultura visual no noso entorno poisque non deberíamos esquecer que é pan común en Galicia facer cousas con cartos institucionais e non pensar sequer en ofertar e puxar polo que se fai en circuitos estandar de competición e de relacións comerciáis.

Como un outro indicador positivo verbo da identidade e en relación co consumo televisivo de masas, ollamos o entrada do galego nun programa de repertorio, nun karaoke, que sae en pantalla coma "O Téquele, Téquele". Pola primeira vez esa persoaxe do trinque, que invade a neotelevisión, a xente ordinaria facendo na tele cousas ordinarias coma se se tratase da súa sá de estar, vai sendo conducida a cantar música lixeira en idioma galego. E despois dos tres primeiros meses de confronto sinuoso coa realidade revélase o real a traveso dos muitos imitadores e mais imitadoras de Pucho Boedo, Ana Kiro, Uxía, Andrés do Barro e a memerxencia de filobravús na camada máis nova. E esta tropa faise coas finais e coas semifinais.

Por fin unha experiencia dende ese intramuros coñecido como Universidade. No noso caso unha Universidade de cincocentos anos -máis ún- e cada día máis estamental. Unha das súas Facultades máis xóvenes, a Facultade de Ciencias da Información, decídese a producir cinco documentáis coa TVG, cinco documentáis a partir dun Posgrao, cinco documentáis nos que participan como co-guionistas alumnos e alumnas e que foron realizados por directores e directoras de diferentes ámetos culturais alleos ao noso, pero que terían que facer produccións en galego, producción con destino a calisquer lugar dos habituáis para a exhibición: cinema, festivais e, por riba de todo, para a televisión.

A ollada do outro, a interculturalidade como activo na identidade, como proceso intercultural que só existe porque se dá a relación comunicativo entre diferentes. A incorporación de productos de directores de fóra ao noso patrimonio visual. Puxar porque varien as categorías. Entender a identidade como construcción dialéctica, dende oríxes distintas pero coas súas propias coordenadas socio-culturais. 0 resultado está nas películas Retratos do chileno Patricio Guzmán; en Quintana, Sinfonía de Compostela, da cubana Belkis Vega; en Kompostela Kapital Bravú, de Basilio Martín Patino; en Pegadas, de Lloreng Soler e mais en Erase unha vez en Compostela... de Joao Botelho, portugués. A estrea foi no Auditorio da Universidade o 2 de octubre de 1997 e logo pasáronse nos locais do CGAI, en A Coruña, os días 16 e 17 de octubre. A partires de xaneiro do 1998 faráse a primeira emisión pola televisión.

0 que si semella manterse ao marxe do real, no caso de Galicia, é a Dirección Xeral de Política Lingüística que nen acusa o "recibíu' de certas propostas de dobraxe, por exemplo de películas de Dysney ao galego, precisamente para a poboación que segue o Xabarín, que non acadou a axuda de 15 millóns -lembramos que o orzamento de Política Lingüística é de 3 mil millóns- para explotar en Galicia unha versión galega de Hércules.

Pero voltemos á Universidade e ao seu degoiro por se meter no Documental. Unha escolla que tampouco é inxenua nen tén que ver co que se adoita pensar que é Documental se non coas necesidades, e coas posibilidades de renovación deste xénero para un panorama televisivo cada vegada máis deficitario en información e tamén en ficción. A Facultade de Ciencias da Información vai apostar neste espacio mestizo no que se entrecruzan as convencións informativas e máis a tradición ficcional e que non presenta problemas excesivos de identificación nen dedescodificación. 0 documental, le cinema du réel, o cinema de relación para Jean Louis Comolli, o cinema dende o que te expresas para o receptor ou para o espectador dende referencias que entran a definir a política de representación e dende o que te transformas nun material con territorio, nun producto industrial cunha cultura ao fondo e apostando por esa diversidade pola que se proclama devezo entrementres vai ganando cuotas ao pensamento único, a uniformización.

Nós, obviamente, estamos polo galego visíbel, polas produccións en galego, en lugar de contar -ún por ún- aos galego-falantes. Nós crémos na Televisión, sobremaneira na Pública, como posibilidade para unha política identitaria e defendemos a recuperación do debate que dera pé á "excepción cultural" e a establecer os termos dunha ofensiva audiovisual dende coordenadas de profesionalidade e de interculturalidade. Nós, obviamente, estarnos por que se redefina a producción independente e por arriscamos nunha conta atrás que nos leve a artellar redes de intercambio como necesidade comercial, política e mais cultural.

Nós, esta conta atrás, encetámola cun proxecto, cunha experiencia que se modela arredor da idea de espacio atlántico de comunicación, un proxecto no que interveñen instancias públicas nacionais galegas, bretonas e galesas e tamén instancias europeas, a Dirección Xeral XXII, e que dende formas diferentes de nos manifestar e organizar como nación, dende diferentes tipos de TV públicas e con xeitos diferentes en canto a singularizar obxectivos identitarios, establecemos un programa de investigación a partir, precisamente, do estatuto da producción das emisións na lingua de cada país. As nosas ancoraxes, as nosas "ideas fixas" iniciais, afirman que os sistemas televisivos, sexa cal sexa a súa área de difusión, non se moven por fora da lóxica económica respecto da producción, da adquisición e do intercambio de programas e que nesta lóxica non pode se esquecer outro nivel, que actúa no seno do mercado audiovisual da producción e da distribución de programas e que tén como esgo determinante a influencia das políticas de comunicación e como se involucro en relación ás políticas culturais e lingüísticas de Galicia, de Bretaña e do País de Gales.

Outra ancoraxe xoga coa proposta de pensar alternativas aos modelos televisivos dominantes, aqueles que se artellan a nivel estatal, e cuestiona a intemacionalización ou globalización a partir da actual constitución dos sistemas televisivos estatais.

0 que entendemos por "pequenos países", un termo que automáticamente asimilarnos a problemas identitarios, convértense, seguindo as nosas hipóteses, nunha variante de interés para a relación de forzas Europa vs. USA, e por ser hoxe unha variante de interés recoñecida na letra, atrae para sí estrategias de cara á producción, a multiversión e a distribución.

A construcción da Identidade, ou a Identidade como construcción pasan pola TV, adéntranse nas novas formas de consumo -e non tén porque nos preocupar a persoalización no eido da escolla, nin a oferta singularizada, especialmente se na nosa historia recén a industria cultural nacional mantívose, a nivel identitario, nas fornas de consumo do libro-e deben crebar amarras a favor do imaxinario. Porque a producción simbólica xógase, cada día, e hoxe estáse a xogar xa sen recato, na historia material da cultura que é onde definimos o fenómeno da televisión. Lonxe do espiritualismo, arredándonos do determinismo. A favor da converxencia tecnológica para o transporte de contidos, para os servicios multimedia, sen que nos preocupe que o PC sexa tamén unha tele ou viceversa e de que se xungan nunha soa peza numerización, audiovisual e telecomunicacións, porque abordamos a converxencia tecnológica como facilidade para a diversidade de contidos, é dicer, a partires da industria nacional, do papel da TV pública, do apoio á producción independente e vencellamola a outros asuntos pendentes como a regulación de acceso ás ofertas e a cales ofertas. Vencellárnola, en definitiva, ao interés público. Aos usos cidadadáns e non só aos abusos do consumidor.

Fronte dun único modelo, de seguro que usamericano, a identidade ha funcionar tanto como reclamo coma como mercado. Como reclamo pluralista. Con contidos relevantes en cada sociedade. Sen ocultar o dereito de accesibilidade universal. Aquí comezaría outro tipo de achegamento ao tema. Pero o que cómpre sembrar son as premisas. Porque de non facelo así tamén podemos ir esquecendo xa ese alibí que se nos apresenta como "Sociedade da Información"para pensar, só, nas múltiples performances que lle van permitir a algúns as "Autopistas da Información".

 

FORMA DE CITAR ESTE TRABAJO DE LATINA EN BIBLIOGRAFÍAS:

Nombre de la autora, 1999; título del texto, en Revista Latina de Comunicación Social, número 14, de febrero de 1999, La Laguna, en la siguiente dirección electrónica (URL):

http://www.lazarillo.com/latina/a1999c/131ledo.htm

 

Revista Latina de Comunicación Social

La Laguna (Tenerife) - febrero de 1999 - número 14

D.L.: TF - 135 - 98 / ISSN: 1138 - 5820

http://www.lazarillo.com/latina